1/27/2011 10:59:00 p. m.

Porcentaxes que asustan

Increíble. Acabo de ler en Magonia que o 60% do profesorado de Bioloxía de Secundaria evitan pronunciarse sobre o creacionismo en clase, segundo os datos dunha enquisa realizada no 2007 por dous profesores de política científica na Universidade de Pensilvania. Indican ademais que un 13% apoia abertamente o creacionismo ou o deseño intelixente, e só un triste 28% posiciónase na defensa e argumentación da teoría da evolución, explicando as probas que a sustentan.
Unha das conclusións do artigo é que o máis preocupante é ese 60%, peor aínda que as posturas radicais, pois encobren a súa tibieza científica (por non chamarlle covardía) de formas cada cal peor: ou só lles preocupa que coñezan a teoría da evolución para soltala nun exame, non que os alumnos a comprendan e asuman como teoría científica (concepto que non ten a flexibilidade do "teoría" coloquial), ou a explican só a nivel molecular; ou o que é máis gracioso: amosan as dúas posturas aos alumnos como se fosen teorías no mesmo plano e coas mesmas refutacións, e lles din que escollan segundo o seu criterio e coñecementos (eses que non lles dan).
Por certo, se a alguén non lle saen as contas, espero que o diga e se aventure a dar unha explicación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.