2/18/2011 05:22:00 p. m.

Potencias de dez


O título está un tanto traído polos pelos, pero en vista da proliferación das tonterías homeopáticas, deixo esta mostra de en que consisten os produtos homeopáticos. Contra todo o que vos digan ao respecto, por favor, pensade cun mínimo sentido científico, e a pesar do tono humorístico do vídeo, todo o que di sobre como se fabrican eses produtos tan caros  e inútiles é certo. Podedes preguntarlle ao voso profesor de Ciencias Naturais sobre o tema, e plantexarlle á profesora de Química a relación entre o número de Avogadro e unha disolución tan "diluida"das que utilizan os homeópatas. E por favor, non caiades no clásico "pois a unha amiga miña lle funcionou..." porque non hai nin un solo estudo científico que demostre que funcionan máis aló do efecto placebo.

1 comentario:

TamaraAM dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

Publicar un comentario

A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.