2/05/2011 09:54:00 p. m.

A sucesión de Fibonacci.

A sucesión de Fibonacci é a sucesión dos números:

0, 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, ...
Cada número calcúlase sumando os dous anteriores a el; asi 2 = 1+1; 3 = 1+2;34= 21+13;...

1- Poderías atopar a regra da sucesion, e os cinco seguintes números a partir do 34 empregando a regra?

2- "Unha parella de coellos tarda un mes en alcanzar a idade fértil, a partir dese momento cada vez enxendrará unha parella de coellos, que a súa vez, tras ser fértiles enxendrará cada mes una parella de coellos. Cantos coellos haberá o cabo de 6 meses? e o cabo de un ano? ( reordade que unha parella son 2 coellos)



Fibonacci sen pretenderlo atopuo a chave do crecemento da Natureza:

Disque o mundo vexeta,l ten programado nos seus códigos xenéticos de crecemento, os números da sucesión de Fibonacci: A distribución das follas o redor do talo das plantas, prodúcese seguindo secuencias baseadas nestes números; por exemplo, as margaritas presentan as súas sementes en forma de 21 e 34 espirais; os xirasois teñen 55 espiraisnun sentido e 88 noutro.
margarita

Deixovos un video onde aparece a sucesion de Fibonacci apicada a natureza e unha ligazon para que investiguedes un pouco sobre o Rectángulo de Fibonacci a espiral de Durero:







2 comentarios:

Luisa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Marcos Alfaya dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

Publicar un comentario

A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.