3/18/2011 11:27:00 p. m.

Alan Mathison Turing


Alan Mathison Turing naceu o 23/06/1912 en Londres e morreu o 7/06/1954 en Cheshire. Turing Foi un matemático, informático-teórico, criptógrafo e filósofo inglés.



Turing dende moi novo demostrou a súa intelixencia, ós 8 anos interesouse pola química montando na súa casa un laboratorio. Con 13 anos ingresou na escola “Sherborne”, na que demostrou a súa facilidade para as matemáticas, tendo unha gran capacidade para realizar cálculos mentais.


En 1934 graduouse na licenciatura de matemáticas con honores na universidade de Cambridge grazas a unha beca para estudiar. En 1936 publicou o artículo “On computable numbers, with an application to the Entscheidungsproblem” no que introduce o concepto de algoritmo e da máquina de Turing. Este articulo dá unha resposta negativa ó problema da decisión formula por Hilbert en 1900, Probando que existe problemas sen solución algorítmica e é un dos cimentos máis importantes da teoría da computación.


En Setembro de 1936, Turing ingresou na universidade de Princenton, onde se doctorou en matemáticas en 1938. Tras ser doctorado ofreceronlle unha plaza como asistente, pero él rechazounas e volveu a Inglaterra onde estudou filosofía das matemáticas entre 1938-1939.
Co comezo da Segunda Guerra Mundial en 1939 Turing foi reclutado polo exército británico para descifrar os códigos emitidos pola maquina Enigma utilizada polos alemáns. Co desexo de obter a primeira computaroda electrónica (colossus) coa que se desfrizasen estes codigos, baixo a supercision de Turing, construironse 10 unidades, a primeira empezou a operar en 1943. Grazas a este invento Turing perteneceu a “Orde do Imperio Británico”, otorgado polo rei de Inglaterra en 1946.


Turing traballou no NLP(Laboratorio Nacional de Física) competindo contra o proyecto americán EDVAC. Turing exerceu como Oficial Centífico Principal a cargo do ACE( Automatic compuntin Engine), nos que concibiu os ideais das redes de computación, o concepto de subrutina e a bibliteca do “software”. Tamen describiu as ideas básicas do que hoxe se coñece como a rede neuronal. Abandonou a NLP no 1948, xa que acabaran antes co proyecto EDVAC, grazas o deseño de Turing dun lenguaxe de progamación basado no código empleado polos teletipos para a súa maquina.


Outro dos campos que investigou foi a intelixencia artificial, esta diciplina naceu a partir dun articulo( Computing Machinery and Intelligence) publicado por turing en 1950. Turing propuxo cosiderar a seguinte cuestión: ¿Poden pensar as máquinas?; con que Turing fixo un test para determinar se as máquinas podrian ter a capacidade de pensar. Este test faise coa presenza dun xuiz que fai preguntas mediante unha pantalla a un ordenador en unha persoa sen saber quen é quen, este test non foi superado aínda por ningún computador.


A carreira profesional de Turing veuse afectada cando o procesaron pola súa homosexualidade, esta descubriuse tras denunciar que a súa parella lle roubara co que reconeceu a su homosexualidade co que se lle imputaron cargos de “indecencia grave e perversión sexual”. Turing convencido de que non tiña que disculparse, non se defendeu dos cargos e foi condeado. Tras o xuizo a Turing ofreceuselle ir a prisión ou someterse un tratamento hormonal de reducción da Libido (atraccion sexual). Final mente escolleu as inxeccións de estróxenos, o que provocou efectos como aparición de peitos, aumento de peso e impotencia.


Dous anos despois do Xuizo Turing morre por envenenamento con cianuro. A maioría pensa que a súa morte foi intencionada e oficialmente considerouse como un suicido ainda a que a sua nai intentou negar a causa da súa morte declarando que fora un descuido de Turing pola falta de precaucións que el tiña có almacenamento das sustancias químicas do seu laboratorio.

2 comentarios:

Antón dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Luisa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

Publicar un comentario

A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.