O título está un tanto traído polos pelos, pero en vista da proliferación das tonterías homeopáticas, deixo esta mostra de en que consisten os produtos homeopáticos. Contra todo o que vos digan ao respecto, por favor, pensade cun mínimo sentido científico, e a pesar do tono humorístico do vídeo, todo o que di sobre como se fabrican eses produtos tan caros e inútiles é certo. Podedes preguntarlle ao voso profesor de Ciencias Naturais sobre o tema, e plantexarlle á profesora de Química a relación entre o número de Avogadro e unha disolución tan "diluida"das que utilizan os homeópatas. E por favor, non caiades no clásico "pois a unha amiga miña lle funcionou..." porque non hai nin un solo estudo científico que demostre que funcionan máis aló do efecto placebo.
1 comentario:
Publicar un comentario
A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.