3/17/2011 11:52:00 a. m.

Augustin Lois Cauchy

AUGUSTIN LOIS CAUCHY



Augustin Louis Cauchy naceu en París o 21 de agosto de 1789 e morreu en Sceaux o 23 de maio de 1857.
Foi un importante matemático francés aínda que tamén traballou coma enxeñeiro militar.


Cauchy estudou na “École Polytechnique” de París a carreira de enxeñería, e debido ao seu brillante expediente foi contratado para traballar no bando de Napoleón no proxecto de reforma do porto de Cherbourg.
Anos despois, o matemático viuse na obriga de abandonar o proxecto polo mal estado de saúde no que se atopaba; a partir de aí comezou a súa andadura no campo de investigación sobre a Teoría de grupos de permutacións, o Análise matemático, a converxencia e diverxencia das series infinitas, ecuacións diferenciais, determinantes, probabilidade e física matemática.
En 1830 Augustin exiliouse en Turín á petición do rei Carlos X; volve a París en 1838, e en 1848 ingresa na Sorbona como profesor de astronomía.
Louis Cauchy publica en 1814 a memoria da integral definida que foi a base da Teoría das funcións complexas. O matemático francés asenta o análise infinitesimal e precisa os conceptos de función, límite e continuidade.
O traballo de Cauchy básase na demostración do enunciado das funcións complexas/integrais:

Se f (z) é analítica nun dominio simplemente conexo D e a súa derivada é continua en D, entón para calquer contorno pechado simple contido en D ténse:

1 comentario:

Taamarinhaa(: dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

Publicar un comentario

A moderación de comentarios está activada. Por favor, coida a ortografía e a expresión.